Pindstrup, novo socio-colaborador de acuBam
20 febrero, 2019Varios socios de acuBam participarán na feira Lusoflora
22 febrero, 2019acuBam, xunto con varios socios, asisten á feira Lusoflora, celebrada os días 22 e 23 de febreiro no CNEMA, en Santarém, Portugal.
A feira, organizada pola Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPP-FN) centra a súa 32ª edición na competitividade da horticultura ornamental, e enténdese como unha oportunidade única para presentar os produtos, servizo e innovacións do sector, así como renovar contactos e concretar negocios con empresas internacionais.
Dende acuBam se asiste principalmente para reforzar relacións coa propia APPP-FN, así como poder reforzar a vindeira misión inversa que previsiblemente celebrarase en setembro de 2019 e coñecer as tendencias internacionais.