XVI Mostra de Cultivos
10 marzo, 2019Na 16ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño terá lugar a cuarta edición de acuBam innovación
15 marzo, 2019O 12 de marzo, acuBam reúnese con persoal técnico do Consorcio Zona Franca de Vigo para avanzar na posta en marcha do proxecto de estudo de mercado do agro no Baixo Miño, promovido polos Concellos da Comarca.
Este estudio permitirá trazar as cifras máis representativas do sector, así como a tipoloxía de produtos, calidades e destinos dos cultivos da zona. Ademais, permitirá analizar o potencial de crecemento do propio sector, e actualizar o tamaño e forza sectorial actual, brindándose coma unha oportunidade de creación de emprego e desenvolvemento económico.
Será un ambicioso estudo no que participarán de maneira directa 3 concellos do Baixo Miño (Tomiño, A Guarda e o Rosal) que se comprometen a traballar e colaborar co sector neste estudo e no vindeiro e esperado crecemento sostible do mesmo.