Alumnado de San Xerome Emiliani realiza en Brotes as súas prácticas
10 febrero, 2016Celtis e Bacelo preséntannos un novo produto
22 febrero, 2016Esta terceira sesión é unha sesión moi divertida! Aprendemos xogando! Trátase de facer parellas; unindo a parte da planta que comemos coa planta da que sae.
Ás veces, a parte que comemos non é a que vemos, como por exemplo a cenoria… e fai moita ilusión ver a planta completa…. e darnos conta… de que a parte que comemos é a raíz!
Así, con esta sesión, tamén aprendemos que comemos distintas partes de plantas, por exemplo: o talo, no caso do espárrago; o froito, no caso do tomate; a raíz, no caso da cenoria ou as follas no caso da leituga. Tamén aprendemos o que é un bulbo, como a cebola; ou un tubérculo, como a patata.
Patricia Casaleiro González.