2017 foi ano de mazá
29 noviembre, 2017acuBam no programa Labranza da TVG
17 enero, 2018Có ánimo de presentar as liñas de actuación do Plan Estratéxico xa en marcha para o período 2017-2018, ACUBAM organiza unha interesante Xornada, o próximo martes 19 de decembro ás 16:00h, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, cuxo obxecto final é o de facilitar a creación dun espazo de reflexión e intercambio de información entre representantes dos grupos de interese do sector (administracións públicas, universidades e centros tecnolóxicos, centros de formación, sector privado, axentes de financiamento e expertos especializados) na procura de debates de interese comúns, que permitan a elaboración de conclusións finais a ter en conta, como retroalimentación, no día a día da implementación do Plan Estratéxico.
Convidamos a todos os interesado no sector, e vos facilitamos aquí a axenda desta Xornada. Agardámoslle!