historia do agro no Baixo Miño: de onde vimos, quen somos e o que representamos e cara onde é que estamos a marcar os nosos pasos.

  • Pasado: a través dunha exposición fotográfica farase un percorrido das principais épocas ligadas ao agro, que porán en valor a súa evolución ata o que é hoxe en día o sector e o que supón para o territorio.
  • Presente: representado a través dos propios stands expositores das empresas ligadas á cadea de valor do sector Agro no Baixo Miño.
  • Futuro: III Edición de ACUBAM INNOVACIÓN, certame ao que se invita a participar a toda aquela entidade que queira presentar calquera innovación tecnolóxica (tanto en produtos como en servizos) de aplicando en calquera eslabón da cadea de valor do agro na comarca.

Programa Mostra 2018

Venres 2 Marzo desde as 09:30h ata as 20:00h

11:30-12:30 MESA TÉCNICA: SANIDADE VEXETAL, A IMPORTANCIA DA DIAGNOSE E A DEFINICIÓN DOS PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN NA LOITA CONTRA AS PLAGAS (CASO XYLELLA)

Abordarase de xeito xeral a necesidade de traballar pola mellora da sanidade vexetal e, en concreto, abordarase a problemática coa Xylella. Falarase da necesidade dunha boa diagnose que permita definir os protocolos de actuación (preventivos e reparativos) máis axeitados.

PARTICIPANTES:

  • Antón Vázquez (Inspector de Sanidade Vexetal)
  • Adela Abelleira Argibay (Xefa Unidade Virus, Bacterias e Nemátodos, Estación Fitopatolóxica Areeiro)

16:00-17:00 MESA TÉCNICA MODELO DE NEGOCIO NO AGRO

Afondarase na necesidade de potenciar a profesionalización do sector, a través da mellora das competencias y capacidades dos xerentes das empresas. Tratarase desde diferentes perspectivas da realidade do sector, así como desde diversas fórmulas de éxito que se podería desenvolver, no ámbito da xestión empresarial.

PARTICIPANTES:

  • Olalla Mera Cuevas, Directora Delegación ADECCO: “A necesidade da profesionalización na xestión do negocio agrario”
  • Higinio Mougán, Xerente AGACA. “O cooperativismo no agro”
  • Empresas do sector

17:00-18:00 PRESENTACIÓN PREMIOS XARDINERÍA AGAEXAR-ACUBAM

Acto público no que Agaexar e acuBam comunican a apertura da convocatoria de PREMIOS XARDINERÏA 2018 e as bases para a súa participación.


Sábado 3 Marzo desde as 09:30h ata as 20:00h

12:00  INAUGURACIÓN DA MOSTRA 2018


16:00-17:30 OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE

Obradoiro dinámico e participativo orientado á poboación local có fin de ofrecer unha visión do sector agrario na comarca do Baixo Miño como unha oportunidade de desenvolvemento de carreiras profesionais.


16:30 – 18:30 XORNADA TÉCNICA “A AGUA NO RURAL” COXAPO, (CENTRO MULTIUSOS DE GOIÁN, AUDITORIO)

Xornada técnica impartida por COXAPO na que se divulgará ás comunidades de usuarios, as necesidades dunha óptima xestión da auga, especialmente relevante cando o seu uso está ligado ao desenvolvemento do  sector agro. Temas específicos coma os plans hidrolóxicos e as regulacións recollidas nos plans de seca, a garantía sanitaria do recurso ou o problema do radón en Galicia, serán abordados, entre outros, nesta xornada.


18:00- 19:30 OBRADOIRO DE XARDINERÍA ECOLÓXICA

A Fundación Sales e a Asociación Española de Jardinería Ecológica, AEJE, porán en marcha un obradoiro divulgativo e didáctico de Xardinería Ecolóxica, dirixido a poboación de todas as idades, cuxo fin é, a través da experimentación e da práctica, que se coñezan e entendan as vantaxes que ten a xardinería ecolóxica como proceso verde, fronte a outras solucións convencionais.


Domingo 4 marzo desde as 11:00h ata as 20:00h

11:00- 19:00 VENDA PRODUTOS SAN XEROME

Nesta 15ª Edición da Mostra, ACUBAM quere achegarse máis á sociedade do seu entorno e, en concreto, aos colectivos sociais especialmente desfavorecidos. Así, no marco da Responsabilidade Social da Asociación, tómase contacto co Centro de Educación Especial San Xerome (A Garda), acordando un punto de venda de produtos que ceda cada un dos expositores, durante a xornada do domingo. Dito punto de venda será atendido por alumnos deste Centro e os beneficios irán destinados na súa totalidade ao proxecto de Reforma dunha Bañeira Terapéutica desta entidade.


11:00- 18:00 OBRADOIRO LÚDICO “O AGRO NO BAIXO MIÑO”

A Granxa Escola de Tomiño, Corazón de Carballo, deseña un programa lúdico dirixido á poboación en xeral no que, integrando talleres ecolóxicos, probas físicas diferentes, talleres de reciclaxe e xogos tradicionais, a través do fío condutor do agro, esperten a curiosidade entre os asistentes por este sector de impacto tal na comarca do Baixo Miño.


18:00-19:00 CONCERTO ROCK PERCUSIÓN SAN XEROME

O grupo de Rock Percusión, integrado por alumnos do Centro San Xerome, ofrecerá un concerto integrado por diferentes pezas musicais deste xénero, interpretadas en directo.


ACTIVIDADES TODOS OS DÍAS

  1. EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA HISTORIA DO AGRO NO BAIXO MIÑO:

Exposición fotográfica que estará fixa ao longo dos tres días da Mostra que fará un percorrido polo pasado, o presente e o futuro do sector agro no Baixo Miño.

O obxectivo último é espertar sensibilidades de cara o sector, poñendo en valor esa xeración que dedicou esforzos por sacalo adiante, pero tamén evidenciar a evolución do sector, con explotacións máis modernas e equipamentos máis tecnolóxicos, persoal máis formado e especializado… que é capaz de competir no mercado global.


  1. III EDICIÓN ACUBAM INNOVACIÓN

Certame aberto á totalidade de entidades ligadas ao sector do agro no Baixo Miño, que queiran participar compartindo calquera innovación tecnolóxica (tanto en produtos como en servizos) que sexa ou ben puidera ser no futuro a curto prazo, de aplicación ao longo da cadea de valor do agro na comarca.


  1. EXPOSICIÓN ARTE COLECTIVO SOMOSARTE

Exposición de arte do Colectivo Somosarte composto por artistas locais, escultores e pintores, que exporán as súas obras vinculada á temática do agro na comarca do Baixo Miño. Os artistas que exporán nesta 15ª Edición da Mostra son:

  • Moure
  • Luis 7
  • Xuxo Malone
  • Jose Luis
  • NAA
  • Puntal
  • Libia Domínguez
  • Mercedes Moreira
  • AdriÁn Pena


Información Mostra 2018

Os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo, a Asociación de Cultivos Baixo Miño (ACUBAM), volve a organizar a Mostra de Cultivos, nun novo esforzo por potenciar o recoñecemento do sector e da comarca, no ámbito nacional e internacional.

Convencidos da necesidade de traballar pola profesionalización do sector, como así se conclúe da Diagnose e do Plan Estratéxico que a Asociación está a implementar desde finais do ano 2017, nesta ocasión a Mostra terá un carácter fortemente profesional, dedicando a primeira das tres xornadas de duración a este ámbito.

Ademais, nesta 15ª Edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño queremos facer un percorrido pola historia do sector agro na nosa comarca, divulgando entre a sociedade as nosas particularidades e oportunidades, e poñendo en valor as nosas capacidades, coñecementos e experiencia, como elementos diferenciadores.

Pincha no seguinte link para coñecer as bases da terceira edición dos Premios acuBam Innovación.