Premios Xardín Galego 2018

A Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro, constituída no ano 1999, coa finalidade de representar, defender e promocionar os intereses profesionais, sociais, económicos e culturais dos seus afiliados.

A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM) é unha asociación empresarial constituída no ano 2013, en cumprimento da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, especificando o desenvolvemento preferente das súas actividades no ámbito provincial de Pontevedra. Os obxectivos principais que esta entidade pretende e que determina as actuacións a desenvolver son:

-Pór en valor os intereses do sector agrícola e todo aquel sector relacionado con este.

-Promover a innovación e eficiencia dos cultivos a través da redución, reutilización e reciclaxe de todos os seus elementos.

-Investigar, formar e divulgar os intereses do sector e dos seus derivados.

-Defender os intereses xerais da asociación e do sector e os intereses e necesidades a nivel individual.

AGAEXAR e ACUBAM convocan a I Edición dos Premios “Xardín Galego”, coa intención de dignificar e promocionar o sector da xardinería en Galicia.

A presentación de candidaturas implica, a todos os efectos legais, a total aceptación das bases que figuran a continuación.

Toda a información nos seguintes arquivos:

Bases concurso Xardín Galego

Anexo 1 – Ficha cos datos do candidato

Anexo 2 – Declaración autoría da obra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
X