PlanIDga ensaia con Poinsettias
1 diciembre, 2014Acubam participa na Axenda Estratéxica Cerveira-Tomiño
9 diciembre, 2014Cultivando Paisaxes é un bonito proxecto que segue a dar os seus froitos
O proxecto nace da Fundación Xavier Pousa e involucra ao Concello de Tomiño e a Acubam.
Consiste no axardinamento e recuperación de zonas abandonadas ou degradadas para mellorar a paisaxe e facer máis agradable o entorno no que vivimos.
A primeira actuación realizouse na Ponte Internacional a primavera pasada. Gran parte das árbores plantadas foron roubadas aos poucos días. Un acto vandálico que non detivo o proxecto.
Aos poucos meses, cando os arbustos estaban comezando a crecer, volveron sufrir outro incidente. Desta volta foron queimados con herbicida durante unha labor de mantemento de estradas.
Nacho Saa, de Viveiros Corema, comenta “Nestes momentos, estanse a repoñer os arbustos e as árbores que morreron: 36 photinias e 176 eleaganus. Tamén se están podando os acer negundo, entutorando os liquidambar e substituíndo os cornus mortos”.
A continuación, afrontarase a seguinte actuación que estaba planificada, en Forcadela, nun desdobramento da antiga estrada.
Grazas a doazón de árbores e plantas e a asesoría técnica de acuBam, os deseños e proxectos técnicos da Fundación Xavier Pousa, e a aportación de man de obra, materiais e maquinaria do concello, o custe real destas intervencións está moi por debaixo do que suporía acometer esta obra sen un proxecto de colaboración.