Presentamos a Mostra Cultivos Baixo Miño 2018 en Iberflora
22 septiembre, 2017Viveros Juan Peixoto en Iberflora
10 octubre, 2017Os vindeiros 4, 5 e 6 de outubro celébrase Iberflora, a feira internacional de planta e flor, xardinería, paisaxismo, tecnoloxía e bricoxardín.
Cultivos Casaíta, Viveiros Río Tollo, Galiplant e Vidaplan son os viveiros produtores que a través da Comercializadora Coplant estarán presentes en Iberflora.
Coplant está presente en Iberflora por 14º año consecutivo. Como afrontades o evento?
Con ilusión, sempre con ilusión. Unha feira sempre é ilusionante porque supón un encontro cos clientes habituais, novos clientes, con novidades,… un cambio de aires.
Nun stand de 96 m2, ademais das plantas galegas de referencia: Camellia, Rhododendron, Magnolia, coníferas, etc. haberá espazo para as novidades. Pilar Vaz, directora comercial de Coplant, dinos cales son:
- “Tea Térra” é a nova marca rexistrada da Camellia sinensis ou camelia do té de Río Tollo.
- Tamén de Viveiros Río Tollo se presentan os cactos procedentes dos Andes: Chamaelobivia. Son variedades máis resistentes ao frío e cunha floración máis longa, de entre tres semanas a un mes.
- A Hydrangea macrophyla “Little”, unha variedade desarrollada por Río Tollo que presenta menor porte pero igual floración que unha hortensia normal.
- De Galiplant levamos a colección de froiteiras ananas “Fruit Me”, que se presentou o ano pasado, e tamén unha nova presentación de froitos do bosque en maceta vermella de 1L.
- Novas variedades de Clematis en nova presentación, tamén de Galiplant.
- De Vidaplan presentamos unha nova colección de Euonymus, ademais de incorporacións na colección de Coprosmas tales como “Inferno”, que é unha variedade moito máis vermella.
- Distylium myricoides “Blue cascade”, tamén de Vidaplan.
- De Cultivos Casaíta consolidamos a oferta de Phornium con todas as presentacións dispoñibles.
Moitas novidades nun ano!
O que nos demanda o mercado, cada vez máis esixente. Os nosos produtos clásicos hai que telos pero xa os temos consolidados. Agora estamos nunha nova fase de desestacionalización das ventas. Isto supón buscar novos produtos para potenciar as ventas no verán e no outono. Este ano a campaña de outono está sendo tan boa que se achega case á primavera, que era a nosa época de venta por excelencia.
Galicia é recoñecida como produtora de planta ornamental no mercado internacional?
Galicia está collendo máis forza dentro de España. Os clientes coñecen Galicia como zona de referencia na produción de planta ornamental. Levamos moitos anos facendo un esforzo de diferenciación dos nosos cultivos e parece que comezamos a ver os froitos.
É a 14ª edición de Iberflora para Coplant, cales son as perspectivas desta ocasión?
As perspectivas sempre son estar cos clientes. Este ano conseguimos ser provedor referenciado para Aliatgrup, unha central de compras para centros de xardinería. A planta de Coplant estará no seu stand, de maneira que todos os seus asociados verán o noso produto. A nosa labor comercial en Iberflora está reforzada con esta coalición.