As plantas do Baixo Miño en Lusoflora
1 marzo, 20168 de marzo, Día da Muller
8 marzo, 2016E chegamos á última sesión por este ano…
Nesta última sesión falamos de LIXO… si… si…. de lixo. Para sorpresa de moitos nenos. Insistimos na importancia de reciclar e separar axaitadamente.
O papel no contenedor azul… o plástico no contenedor amarelo… o vidro no contenedor verde…. Pero… e a materia orgánica? Pode utilizarse unha pel de plátano ou unha pel de laranxa para algo más? Pois si! Para achegar nutrintes as nosas amigas as plantas!
Aprendemos que nun COMPOSTADOR, a partir de materia orgánica xunto con organismos descompoñedores lógrase o COMPOST.
Entón… falando de lixo… que levaba a caixaa “máxica” esta vez? Pois… lixo!!
Os nenos, moi listos, axudáronme entre todos a poñer cada residuo no seu sitio! E logo puideron ver COMPOST e ata algún bichiño que por alí rondaba…
Recordo que o concello de Tomiño aposta polo compostaxe!:
Patricia Casaleiro González.