acuBam súmase á campaña do Banco de Alimentos de Vigo
14 mayo, 2018Xornada de presentación acubam.org
4 septiembre, 2018A responsabilidade social é unha liña estratéxica que a Asociación Cultivos Baixo Miño (acuBam) traballa de forma transversal na implementación do seu Plan Estratéxico, abordando así o seu compromiso social, ambiental e de desenvolvemento.
Neste compromiso social, acuBam colaborou co Banco de Alimentos de Vigo na campaña de recollida, realizada os pasados meses de abril, maio e xuño, utilizando as propias instalacións dalgúns asociados como punto de recollida.
Gracias a esta acción colaborativa, acuBam destinou ao Banco de Alimentos un total de 1.600kg de alimentos, e espérase en próximas ocasións aumentar este exitoso resultado.
Seguimos entendendo que, na colaboración entre as entidades, organizacións e empresas do territorio está o desenvolvemento, a evolución e o crecemento da economía en beneficio da mellora da calidade de vida das persoas da nosa contorna.