Viveros Juan Peixoto en Iberflora
10 octubre, 2017acuBam volve de Iberflora cos deberes feitos
13 octubre, 2017Brotes leva acudindo a Iberflora 4 anos consecutivos
Falamos con Saúl para saber como lles resultou a edición deste ano.
¿Que tal Iberflora 2017?
Ben. Non creo que houbese máis volume de visitantes pero a xente tiña máis ganas de comprar, as visitas viñan a traballar. Respirouse un ambiente na feira moito máis optimista.
¿Que visitas tivestes?
A maioría nacionais, algún francés, italiano, portugués… profesionais do sector dos que moitos non tiñamos contacto.
¿Como funcionou o voso stand?
Ben. Mantivemos o mesmo espazo da pasada edición. Levamos un variado dos nosos cultivos: planta xoven en alveolo e maceta de 9 cm.
¿E a próxima feira?
Estamos valorando acudir a Lusoflora por primeira vez como expositor. Sería interesante para nós porque temos moito cliente de Portugal.
Tamén estaremos presentes na Mostra de Cultivos.
¿Traes algunha idea de Iberflora para a nosa Mostra?
Convocar ao maior número de profesionais posibles. Un bo paso que se deu para a vindeira Mostra é comezar un venres. Se queremos facer unha feira profesional o primeiro será que se celebre en xornada laboral.