Boletín 1, Mostra Cultivos Baixo Miño
30 enero, 2015Flores vermellas para San Valentín
13 febrero, 2015Neste mes de xaneiro comezou a segunda edición do proxecto ‘As nosas amigas as plantas’ como preámbulo da 12ª Mostra de Cultivos, que terá lugar o 28 e 29 de marzo. Este ano participan no proxecto 6 centros: CRA Mestre Manuel Garcés, CEIP de Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEP Pedro Caselles Beltrán, CEIP de Sobrada e A Galiña Azul.
Durante 3 semanas estiven percorrendo os coles do concello de Tomiño para a realización da primeira sesión. Esta a dedicamos á plantación de bulbos de tulipán, plantámolos en botellas que reciclamos!!! Incrible!!!
Primeiro pelamos os bulbos.
Logo enchemos de sustrato a parte de enriba da botella para enterrar nela os bulbos de tulipán.
E por último, enchemos de auga a parte de abaixo da botella e encaixamos as dúas metades.
Agora toca cuidalos moito e estar pendentes do nivel da auga, para que crezan e lle saian flores fermosas para levalos á Mostra de Cultivos.
Ata a próxima sesión!!! E a ver que sorpresas gardará a caixa que sempre me acompaña!!!