Jornada de presentación acubam.org
4 septiembre, 2018Óscar Álvarez cuenta con la única plantación de cítricos en Galicia
31 octubre, 2018A comezos de outubro de 2018, acuBam recibe a proposta de reunión co novo Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.
A reunión celébrase en Santiago de Compostela o 18 de outubro, na que acuBam ten ocasión de presentar o sector agro do Baixo Miño ao conselleiro, así coma as necesidades e proxectos nos que se está a traballar.
Entre os diferentes proxectos presentados destaca a bolsa de emprego agro, o proxecto Hub Impulsa pendente de financiamento para a súa posta en práctica, a internacionalización do sector, e a posibilidade de obter bolsas de estudo no exterior con retorno ao territorio.
Dende a consellaría felicítase á asociación e bríndase a posibilidade de obter financiamento para a posta en marcha de certos proxectos da asociación.