Viveiros da Barxa comeza 2016 cheo de novos proxectos
29 enero, 2016O Baixo Miño presente en IPM ESSEN Alemania
1 febrero, 2016Xa levamos 289 Cistus plantados! E aínda nos quedan 138 máis por plantar!
Si, si… Xa está en marcha a sesión máis esperada… a de plantar! Nesta sesión, estamos aprendendo 3 palabras novas, bastante raras. Pero vendo fotos é moi doado aprender! Así, quédanos claro, que nun VIVEIRO “hai plantas… moitas plantas… e que alí están moi ben codadas” e que non debemos confundilas nunca máis con “biberón” (aínda que as palabras se semellen moito… certo é). Outra palabra ben rara é “ORNAMENTAL” … Pero pega bastante con “ADORNAR”, xa que este é o uso principal destas plantas e quédanos ben clariño cando vemos as flores coas súas vistosas cores.
E chega o máis divertido… A HORA DE PLANTAR!… Collemos os zapatos vellos… e REUTILIZAMOS!… Enchémolos ben de tierra… facemos un burato… e aí metemos cada un de nós a nosa plantiña que logo regamos… con moito mimo… ou non tanto… pero que seguro que se porán chulísimas!
E que plantamos? Pois agora ven outra palabra “rariña”…. Plantamos un “Cistus”! Que flores tan fermosas, que todos coñecemos de velas nos campos… nos montes que nos rodean.
Patricia Casaleiro González.