As nosas amigas as plantas 2016
14 enero, 2016Reunión coa Conselleira do Medio Rural
20 enero, 2016Chega o 2016 e con el unha nova edición do proxecto ‘Nosas amigas as plantas’, un proxecto cargado de ilusión para os máis pequenos, que van descubrindo cada ano algo novo sobre o mundo vexetal. Este xa é o terceiro ano que se realiza e esperemos que se poida repetir por moitos anos máis.
O pasado día 12 comezamos no cole de Sobrada, con nenos de 3, 4 e 5 anos. A sesión dos “legumes”, aproveitando que este ano foi nomeado pola FAO como o ano internacional dos legumes. Levámoslles unhas cantas variedades aos nenos… para que vexan como son… e que hai variedade de cores, formas e tamaños. Algúns as recoñeceron… e outros non… pero a todos lles fixo moita ilusión traballar con elas!! E que fixemos? Pois fixemos… debuxos! E uns debuxos especiais… Un tanto “raros” ao principio para eles, pero agora xa saben que son gravados celtas!
O día 14 repetimos a mesma experiencia pero no cole de Goián, e ¡a ilusión dos nenos foi a mesma! Moita atención! Moitas preguntas! E moitas gañas de traballar e participar!
Con esta sesión, o que intentamos transmitirlle aos nenos foi que coñeceran un pouquiño máis os símbolos celtas… Saberedes por que cando asistades á mostra de cultivos… e fixaranse un poico máisá nos legumes, que os teñan en conta e que como me dixeron algúns nenos… “debemos comelas para estar fortes e sans”. Xa que teñen moitas proteínas… como a carne… o peixe… e os “flocos de millo”.